Mostrando entradas con la etiqueta aulaPlaneta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aulaPlaneta. Mostrar todas las entradas
viernes, 16 de noviembre de 2018
miércoles, 26 de septiembre de 2018
miércoles, 16 de mayo de 2018
domingo, 18 de marzo de 2018
miércoles, 14 de marzo de 2018
Dispoñible o banco de contidos de aulaPlaneta no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA)
Dispoñible o banco de contidos de aulaPlaneta no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA)
Desde este luns 12 de marzo xa está dispoñible no EVA o acceso ao banco de contidos de aulaPlaneta. Trátase dunha ferramenta coa que a comunidade educativa (profesorado, alumnado…) pode ampliar e enriquecer a súa información coa consulta ao banco de contidos dixitais. Ofrece a posibilidade de buscar unha información de diversas maneiras: a través do buscador de texto, do buscador visual, mediante procuras temáticas, etc.

Inclúe máis de 400.000 recursos educativos non curriculares para fomentar a indagación e profundización do alumnado e do profesorado, e que conta con animacións, fotografías e gráficos de alta calidade, vídeos e fragmentos sonoros, estatísticas actualizadas, atlas mundial, cronoloxías, artigos de temas de actualidade e un navegador visual.
Para poder acceder ao banco de contidos de aulaPlaneta é necesario acceder a un curso do Entono Virtual de Aprendizaxe (EVA) e premer na imaxe que aparece la columna da dereita:
Esta é a primeira entrega incremental planificada. Nas vindeiras semanas incorporarase un acceso ao repositorio de recursos de aulaPlaneta (máis de 7.800 recursos curriculares dixitais para 5º e 6º de Primaria, e máis de 12.500 para Secundaria), que estarán integrados co EVA para que podan incorporarse de xeito sinxelo, ofrecendo un seguemento individual das respostas dende o EVA, así como o caderno do docente e o caderno de estudo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
