Servidor Abalar


Na Consellería hai un servidor (ordenador) central con recursos/contidos educativos que nós podemos ver e descargar dende calquera sitio.
En cada centro Abalar hai un servidor de centro que nos serve de repositorio de contidos propios.
O acceso ao servidor do centro só se pode facer dende o propio centro e tendo un nome de usuario. A el poderemos subir os nosos materiais de utilización docente pois nel temos, á nosa disposición, unha carteira propia de recursos.
A conexión do noso servidor coas Aulas Abalar son a través da WIFI (rede interna non dependente da compañía de teléfono), polo que a velocidade de “baixada” é maior. Nel atópanse xa recursos incluidos pola Consellería (que son os mesmos que hai no servidor da Xunta e se poden ver dende a casa) e algún recurso feito polos nosos compañeiros no curso pasado (non se poden ver dende a casa).





O servidor que temos no centro pódese utilizar para gardar recursos interactivos (como os de Espazo Abalar) e tamén documentos, imaxes e outros arquivos nosos que lle queiramos pasar aos alumnos sin ter que recurrir ás contas de correo ou a poñelos nunha web. Só tede en conta que o acceso faise unicamente desde o centro e que non debemos usalo como un "almacén privado".
Os Asesores Abalar fixeron un manual moi completo da aplicación que nos permite subir e xestionar os nosos recursos. No seguinte enlace tedes unha pequena parte:


Acceso o Servidor do centro: 
http://69.52.247.250/recursos/

No hay comentarios:

Publicar un comentario